Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: José Estevez

José Estévez

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A inestabilidade emocional, a sinceridade (hai xente que me di que era mellor que non o fora tanto porque causo dano) e a permanente búsqueda de non sei que.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– Que te miren de fronte, aos ollos (e se os teñen bonitos mellor)
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que non me critiquen (unha aspiración imposible)
4.– A súa principal eiva?
– A pouca cultura.
5.– A súa ocupación favorita?
– Comer nos estrelas michelín e beber un bo viño
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ter 100 millóns de euros para vivir cada mes nunha cidade do mundo, nos mellores hoteis, comendo nos mellores restaurantes, cos mellores guías para ir aos museos, tradutores para asistir ás conferencias, etc.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Morrer.
8.– Que lle gustaría ser?
– Millonario e o mellor escritor do mundo, sen críticas.
9.– En que país desexaría vivir?
– Cada mes nun, pero sempre nos chamados “civilizados”. A min o exotismo nunca me soubo levantar.
10.– A súa cor favorita?
– O azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Aínda que semelle contraditorio co anterior, o caravel vermello.
12.– O paxaro que prefire?
– A pomba.
13.– A súa devoción na prosa?
– Méndez Ferrín e Eva Xanín.
14.– E na poesía?
– Pablo Neruda e Eva Xanín.
15.- Un libro?
Con pólvora e magnolias.
16.– Un heroe de ficción?
– Non teño.
17.– Unha heroína?
– Tampouco.
18.– A súa música favorita?
– Buf, miles… calquera tipo de jazz.
19.– Na pintura?
– Son un analfabeto.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Os que non teñen que dar de comer aos seus fillos e aínda son capaces de sorrir cando se erguen.
21.– O seu nome favorito?
– Olalla (a miña filla).
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Que sempre falen das enfermidades dos seus familiares.
23.– O que máis odia?
– A miña burramia en miles de materias.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– A Stalin.
25.– Un feito militar que admire?
– Ningún.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Escribir como os deuses.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Facendo o amor ou como se di…
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Eufórico.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Non sei.
30.– Un lema na súa vida?
– Cando morra todo perdido nesta vida non queda.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 18 Novembro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: