Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuel Gómez Román: unha exposición

Foto: Anxo Cabada

Foto: Anxo Cabada

Tiven onte a fortuna de acompañar a un numeroso grupo de persoas -discentes e docentes- nunha visita que realizamos á exposición centrada na figura de Manuel Gómez Román e que aínda se pode visitar durante uns días nos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo. Como adoita, o director da Fundación Penzol, Francisco Domínguez, acolleunos con agarimo e competencia e introduciunos nese universo dun gran descoñecido como é o arquitecto galeguista Manuel Gómez Román, grazas a esta exposición xa un pouco menos ignorado.

Gustoume, especialmente, a acaída organización do numeroso material rescatado e disposto para obter una idea cabal do labor profesional do arquitecto -a Panificadora, o edificio Simeón, o edificio Mülder, o edificio de Correos e Telégrafos, todos eles en Vigo-, dos proxectos truncados, do seu labor social e político, este último clave durante a República e nos tempos da clandestinidade, mais tamén o labor cultural desenvolto, sempre desde a convicción do seu compromiso co seu país. Recomendo a súa visita vivamente.

Advertisements

Un comentario en “Manuel Gómez Román: unha exposición

  1. Anónimo
    19 Novembro 2014

    Para min foi un pracer acollervos nesta casa da galeguidade e falarvos de quen foi Vicepresidente da Fundación Penzol. Manuel Gómez Román é unha figura senlleira que compre mostrar ás rapazas e rapaces de Galicia para que tomen exemplo da súa entrega ao país.
    Apertas fondas e graciñas poas loanzas.
    Francisco Domínguez
    Director da Fundación Penzol

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: