Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Antón Dobao

 

Foto:  Distrito Xermar/Arquivo AELG (fragmento)

Foto: Distrito Xermar/Arquivo AELG (fragmento)

Antón Dobao

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Talvez certa tendencia a evitar situacións conflitivas. Pero non sei eu se se pode extraer e illar un trazo do meu carácter e consideralo principal. Supoño que o meu carácter é un conxunto de riscos amalgamados que non se entenden nin funcionan uns sen os outros. En calquera caso, non son eu moi hábil para definirme con tanta precisión.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– O uso racional da intelixencia.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Lealdade.
4.– A súa principal eiva?
– A inxenuidade é unha eiva? Pois esa, talvez…
5.– A súa ocupación favorita?
– Estar. Escoitar. Falar. Xogar. Ler. Escribir. Escoitar música. Ver cine. Ver un partido de fútbol…
6.– O seu ideal de felicidade?
– Vivir. Compartir os bos momentos coas persoas que quero.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Ver sufrir a xente que quero.
8.– Que lle gustaría ser?
– Non teño problema co que son, síntome conforme comigo mesmo e co que fago. Ás veces teño a sensación de que me gustaría ser un músico de rock and roll subido a un escenario interpretando un tema que todo o mundo canta. É unha fantasía inxenua circunscrita a un momento moi concreto. Pero non invalida o feito de que me sinta conforme co que son. É apenas un xogo.
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galicia.
10.– A súa cor favorita?
– O encarnado.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A hortensia, a azalea, a gardenia, a rosa vermella, o caravel… Son moitísimas as flores que me gustan. Creo que non hai ningunha que non me guste.
12.– O paxaro que prefire?
– A andoriña.
13.– A súa devoción na prosa?
– Méndez Ferrín.
14.– E na poesía?
– César Vallejo.
15.- Un libro?
– Moitísimos. Pero quizais A metamorfose.
16.– Un heroe de ficción?
– O Sinbad de Álvaro Cunqueiro.
17.– Unha heroína?
– Phoebe, a irmá de Holden Caulfield.
18.– A súa música favorita?
– O rock and roll, Lou Reed, Pink Floyd, King Crimson, Bowie, Patti Smith… Pero tamén gozo con outros tipos de música.
19.– Na pintura?
– Leopoldo Nóvoa, Quintana Martelo, Reimundo Patiño, Antonio Murado…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Calquera dos sen nome. Meus pais, por exemplo.
21.– O seu nome favorito?
– Catuxa.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A impostura.
23.– O que máis odia?
– A explotación. O abuso. A violencia contra os e as débiles…
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hitler, Franco, Musolini, Pinochet… Talvez todos constitúan unha única figura.
25.– Un feito militar que admire?
– A resistencia do pobo vietnamita. Pero tamén a resistencia soviética na batalla de Stalingrado.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Ningún en especial. Máis aló dos que nos fan humanos, como o da intelixencia e a razón, o da linguaxe, etc., non creo que existan dons que distingan uns humanos de outros. Se acaso, habilidades, pero esas adquírense.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– É algo no que evito determe a pensar. Non teño, por tanto, un gusto especialmente formado. Supoño que será porque non me gustaría morrer.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Positivo e optimista.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Non sei se neses casos se pode falar de defectos. A inocencia paréceme digna de empatía, pero eu non falaría de indulxencia. Quen son eu para ser indulxente con ninguén.
30.– Un lema na súa vida?
– Liberdade, igualdade, fraternidade. E viva Galicia ceibe e socialista…  Non son exactamente lemas para unha vida, pero dá igual.

Advertisements

Un comentario en “Cuestionario Proust: Antón Dobao

  1. Cogomelo
    26 Novembro 2014

    o Ariel Saron do independentismo internacionalista

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 26 Novembro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: