1.– Principal trazo do seu carácter?
-Gústame crer que son irredutíbel.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A transparencia.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Lealdade e comprensión.
4.– A súa principal eiva?
-Son humano.
5.– A súa ocupación favorita?
-Esborranchar papel.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Ser dono do meu tempo.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder a memoria.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un superheroe a tempo parcial.
9.– En que país desexaría vivir?
-Nunha Galiza liberada (e en galego).
10.– A súa cor favorita?
-A do roibén.
11. – A flor que máis lle gusta?
-As orquídeas.
12.– O paxaro que prefire?
-O paporrubio. Se aceptamos aves, o moucho.
13.– A súa devoción na prosa?
-O realismo máxico. Os ensaios que enxalzan a galeguidade.
14.– E na poesía?
-As vangardas e a poesía social.
15.- Un libro?
–O Ciprianillo.
16.– Un heroe de ficción?
-Xesús de Nazaret.
17.– Unha heroína?
-Afrodita A.
18.– A súa música favorita?
– AC/DC, The Pogues, Jimi Hendrix, Aretha Franklin, Suso Vaamonde, Eric Clapton, Vieja Trova Santiaguera, Heredeiros da Crus, Sés, A Quenlla, Viñalar Fantastic Band, Siniestro Total, Michael Nyman, Vangelis, Gwendal, Luar na Lubre, Os Chichisos de Pontevedra…
19.– Na pintura?
-A arte rupestre, H. Bosch, P. Brueghel o Vello, Valdés Leal, Laxeiro, Caravaggio, Frida Kahlo, Maside, Van Gogh, Picasso, Dalí, Warhol, Lugrís, Munch, Seoane, Paco Sutil…
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os meus pais.
21.– O seu nome favorito?
-Nome propio (top.): Abelaíndo. Nome común: saramaganta.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-O conformismo, a apatía.
23.– O que máis odia?
-O autoodio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Calquera servidor público corrupto e/ou autoritario.
25.– Un feito militar que admire?
-A resistencia meduliana.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O don de linguas.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-De repente e a pé de obra.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Preparado para construír.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Todos, se hai vontade de emendalos.
30.– Un lema na súa vida?
-“Facer é o mellor xeito de dicir” (J. Martí).