Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Os inocentes, de María do Cebreiro

Os inocentes 

POESÍA *  María do Cebreiro * Galaxia * 76 páxinas * 10 euros

Afortala a poeta o seu dilatado percorrido con este novo libro poboado de preguntas e afirmacións, de sentenzas e citas, onde propón escoitar e dialogar para “quedar salvos”. Os inocentes conversa criticamente con múltiples lecturas previas, co noso tempo e co que nos ocorre, alén de posibilitar que se desvele unha cartografía singular erixida polos sentimentos e as emocións, sexan estas da índole que for, debulladas con contención e sen sentimentalismos mercé á propia linguaxe e as estremas que camiñan canda ela.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 28 de novembro de 2014, baixo o título de “Escoitar, dialogar, escribir”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: