Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A “Ofrenda á tormenta” de Dolores Redondo

Chega este vindeiro venres ás librarías galegas a derradeira entrega da célebre “triloxía de Baztán” de Dolores Redondo Meira, moi poucos días despois de que xa se presentase en castelán e catalán. Compartín con Ofrenda á tormenta  bastantes horas de traballo estes últimos meses e, mesmo, moitas relecturas que me permitiron descubrir novos ángulos, tanto compositivos como estruturais, que gobernan esta proposta narrativa: unha moi digna conclusión dunha triloxía que contaxiou o efecto da lectura para unha auténtica lexión de seguidoras e seguidores que aprecian non só o que a inspectora Amaia Salazar simboliza senón tamén a acaída recreación que se realiza nesta serie de elementos que alicerzan a mitoloxía éuscara e universal.

    Conclúo agradecendo o alento que me transmitiu Dolores Redondo para este traballo  e mais a confianza que Edicións Xerais depositou en min.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: