Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Fermín Bouza Brey

No ano 1936, concretamente, o 27 dun “fríxido” mes de maio, Fermín Bouza Brey subscribía unha carta dirixida a Ramón Otero Pedrayo na que, alén de cuestións referidas ás dificultades de “imprensa” para a edición dun novo número de Nós,  solicítalle unha recomendación para unha persoa que Otero examinará (na reprodución inferior suprímese a primeira liña da segunda páxina da carta onde constan os apelidos daquela, ao que segue “que se examinará de Xeografía e”).

     Finalmente, Bouza Brey adiántalle os parabéns a Otero pola previsible consecución dun doutorado que posibilitaría velo dirixindo en Compostela “a nao universitaria”. Agradezo a colaboración para a publicación deste manuscrito á Fundación Penzol, onde está depositada a carta orixinal.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: