Cuestionario Proust: Eduardo Santiago

 

Eduardo Santiago

1.– Principal trazo do seu carácter?
-O optimismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A sinceridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que perduren no tempo.
4.– A súa principal eiva?
-A inxenuidade.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler e escribir.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Non ter que depender de ninguén.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ter que depender de alguén.
8.– Que lle gustaría ser?
-En xeral estou contento con ser quen son.
9.– En que país desexaría vivir?
-Nun sen fronteiras.
10.– A súa cor favorita?
-Non teño cor favorita.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Calquera que excite a miña imaxinación.
12.– O paxaro que prefire?
-Descoñezo qué razóns pode ter unha persoa para preferir un paxaro en concreto. Eu, dende logo, non teño ningunha.
13.– A súa devoción na prosa?
-Todas as novelas que me achegan ideas novas, ou ideas vellas con enfoques diferentes.
14.– E na poesía?
-Todos os poemas que conseguen que me emocione.
15.- Un libro?
-Non, todos os libros.
16.– Un heroe de ficción?
-Non teño ningún.
17.– Unha heroína?
-Na ficción hai tantas que sería interminábel citalas a todas.
18.– A súa música favorita?
-A que me fai vibrar, sexa do xénero que sexa.
19.– Na pintura?
-O surrealismo.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Todas as mulleres que loitan por un mundo xusto.
21.– O seu nome favorito?
-Non teño nomes favoritos
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía.
23.– O que máis odia?
-O inimigo interior.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Houbo moitos homes na Historia que merecen o meu desprezo. Éme difícil escoller só un.
25.– Un feito militar que admire?
-Ningún en concreto. Valoro na súa xusta medida todos os que contribuíron á derrota do fascismo no século XX.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-A fermosura.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen dor e, a ser posíbel, sen me decatar
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A serenidade.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia, pero só cando non é atrevida.
30.– Un lema na súa vida?
-Non teño lemas, nin sequera o de vivir sen lemas.

1 Comment

Os comentarios están pechados.