Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Leviatán, de Ramón Trigo

 

Ramón Trigo

Leviatán

Faktoría K de Libros, 36 páxinas, 14 €

 

 

En Leviatán, que chega avalado pola consecución no ano 2012 do Premio Lazarillo de Álbum ilustrado que escolleu nesta ocasión unha proposta que valida e potencia o formato para pezas que non sexan de recepción exclusivamente infantil ou xuvenil, Ramón Trigo realiza un exercicio impecable e enxeñoso, desde o punto de vista literario, ao fusionar e asimilar pegadas que simboliza a besta mariña citada no Libro de Job; no Moby Dick de Melville;  no Talmud e quen sabe se con alguna relación co espírito que repousa na obra de Thomas Hobbes. Velaí como esa balea na que Xonás entra e desaparece é o monstro que, de seu, crea unha alegoría sobre o mundo e sobre a propia condición humana. E isto faise desde as instancias da concisión e a rotundidade do discurso literario, suxerindo máis que contando e, ao meu ver, ao servizo da potenciación da expresividade dunhas  imaxes, igualmente rotundas, sempre  secuenciadas no medio dun océano senlleiro e enigmático.

      Se no texto literario, ordenado circulamente, xa se advirte a alegoría, aínda talvez resulte máis tanxible no exercicio pictórico onde os intentos infrutuosos, ou case, de cazar á gran balea fan pensar no eterno retorno, mesmo no mito de Sísifo onde, con todo, hai espazo para faíscas irónicas  mentres que o espírito de Leviatán resiste, a través dos tempos e sexa como for.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: