Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Estirpe de sombras, de Raida Rodríguez Mosquera

Estirpe de sombras

Raida Rodríguez Mosquera * Barbantesa * 66 páxinas * 12 euros

 

 

Sorpréndeme a lectura deste libro: lírico en aparencia mais con trazos da narrativa, do ensaio, do teatro ou mesmo do xénero epistolar. A poeta vai á raíz das cousas, dispón a lectura como práctica revolucionaria e percorrido desde onde sementar “illas alzadas para crear discordia”. Guíanos así, desde a pluralidade de voces, pola memoria e o significado das máscaras, pola escrita e o idioma, pola (in)comunicación e a identidade. Xera horizontes e esculca nas ruínas e nos abismos, nas resistencias que abrazamos. Unha ollada, espléndida, sobre a vida como “campo de batalla”.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 5 de decembro de 2014, baixo o título de “O estoupar das palabras”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: