Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A ´Axenda do desenvolvemento 2015` de Implicadas

Gustoume o novo deseño da Axenda do desenvolvemento 2015 que, desde hai certo tempo, a ONG  “Implicadas”  puxo a disposición das persoas interesadas. Unha redución de tamaño,  que facilita a súa manexabilidade, fai dela un recurso organizativo anual de grande utilidade.

    Nesta ocasión -alén de lembrar diversas datas que gozan dunha necesaria celebración ou recordatorio en ámbitos diferentes, entre os que saliento, por exemplo, o  do ensino-,  o motivo transversal que ocupa parte dos seus contidos técese arredor da celebración dos dez anos do ´Festival Implícate! Noite de música e palabra solidaria`, establecendo un percorrido que evoca o vizoso ronsel de participantes ao longo da súa existencia, sen deixar de difundir nas súas páxinas, tal e como se sinala desde a ONG, “mensaxes de carácter solidario”, que contribúen “a reflexionar sobre situacións de inxustiza, de desigualdade e tamén de esperanza”, alén de ofrecer “un material informador e sensibilizador (sobre as desigualdades norte-sur e de xénero e sobre o traballo de Implicadas) que ata o ano 2005 non existía no país, co obxectivo de recadar fondos para os nosos proxectos”. Eu xa teño unha, e ti?

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 11 Decembro 2014 por en Axenda,Divulgación,Varios , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: