– ¿O principal rasgo do seu carácter?
-A tolerancia.
– ¿A cualidade que prefire nun home?
-A bondade.
– ¿A cualidade que prefire nunha muller?
– Igual.
-¿O que máis aprecia nos seus amigos?
-A lealtade e a intelixencia.
– ¿O seu principal defecto?
-A seriedade.
– ¿A súa ocupación favorita?
-O traballo.
– ¿O soño de ventura?
-A desaparición da violencia do mundo.
– ¿Cal sería a súa maior desgracia?
-Quedarme cego.
-¿Que quixera ser?
-Estou contento co que son.
– ¿En que país desexaría vivir?
-De non vivir en Galicia, gustaríame Suecia.
-¿A color que prefire?
-Azul.
– ¿O paxaro que prefire?
– O cuco.
– ¿Os seus autores favoritos en prosa?
-Pla, Stendhal, Camus, Dostoiewski e Dickens.
– ¿Os seus poetas preferidos?
– Blake e Hölderlin.
– ¿Os seus heroes de ficción?
-Don Quijote.
– ¿As súas heroínas favoritas de ficción?
– Carlota.
– ¿Os seus compositores preferidos?
– Vivaldi e Beethoven.
– ¿Os seus pintores predilectos?
– Van Gogh e Matisse.
– ¿Os seus heroes da vida real?
-Albert Camus.
– ¿As súas heroínas históricas?
-Simone Veil.
– ¿Os seus nomes favoritos?
-Todos.
– ¿Que caracteres históricos desprecia máis?
-Os fanáticos.
– ¿Que feito militar admirou máis?
-Sinto simpatía polo desembarco de Normandía.
-¿Que reforma admira máis?
-Todo o que sexa un cambio feito cun ritmo sosegado éme simpático.
– ¿Que dons naturais quixer ter?
-Gustaríame conservar unha boa saúde toda a vida.
–¿Como lle gustaría morrer?
-De vello, e como morría antes a xente.
– ¿Estado presente do seu espírito?
-Sen variacións.
– ¿Feitos que lle inspiran máis indulxencia?
-Toda, os pecados humanos. Ningunha, as barbaridades que se fan en nome das ideas.
– ¿O seu lema?
– Non teño ningún.
—————————————————–
* Tal e como se avisou en anteriores Cuestionarios Proust continúo a reprodución dalgúns que se acolleron en Oficio de escribir (Ediciós do Castro, 1990). O meu agradecemento a Luís Rei pola súa autorización, que obtivo este nunha entrevista realizada a Casares o 11 de novembro de 1984.
Carlos Casares Mouriño (este último sobreome não pode faltar… digo eu, assim, de brincadeira, Ramón Nicolás, simplesmente por me lembrar de ‘morriñas’). !Galiza, patria amada! Obrigada pela postagem.
Obrigado, prezada MariaLDário, polas túas palabras e a atención que lle prestas ao que se colga neste blogue. Unha aperta.