Nestes días
A Porta Verde do Sétimo Andar, 56 páxinas, 10 €
En tantas ocasións unha experiencia vivida ou imaxinada, mesmo unha idea, talvez intranscendente ou común, é quen de converterse nun eixe afortunado, por exemplo, dun libro de poesía. Algo disto hai en Nestes días de María N. Soutelo onde paira a idea de cambio, perda, ruptura ou baleiro. Desde aí agroma todo aquilo que se retén na memoria, o que repousa nos sentidos mais tamén o que se reflicte nun obxecto, nunha ausencia. Memoria que loita por non diluírse para transfigurarse noutra cousa; para adoptar outro sentido, intenso e veraz.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 12 de novembro de 2014, baixo o título de “A memoria que non se dilúe”.