Cuestionario Proust: Xerardo AgraFoxo

Xerardo AgraFoxo

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A perseveranza. Dixo Avilés de Taramancos que eu era “un corredor de fondo”.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A honradez.
3.– Que agarda das súas amizades?
-A lealdade. Como son un tipo algo raro, tamén a tolerancia.
4.– A súa principal eiva?
–Son un tipo ordenado, por tanto…, algo mediocre.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ler.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Viaxar a países inquietantes e cunha cultura diferente.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A perda dun ser querido.
8.– Que lle gustaría ser?
-Maratoniano.
9.– En que país desexaría vivir?
-Un que tivera un deserto moi grande, para atravesalo.
10.– A súa cor favorita?
-Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A rosa.
12.– O paxaro que prefire?
-A andoriña.
13.– A súa devoción na prosa?
-Wilkie Collins e Tomas Hardy.
14.– E na poesía?
-Avilés de Taramancos.
15.- Un libro?
Laura no deserto.
16.– Un heroe de ficción?
-Ulises, perdido no mar, camiño de Itaca.
17.– Unha heroína?
-Lara Antipova, coas súas desgrazas e debilidades.
18.– A súa música favorita?
-A samba: “A garota de Ipanema”.
19.– Na pintura?
-George La Tour.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Teño predilección polas suicidas, como Marilyn Monroe ou Virginia Woolf.
21.– O seu nome favorito?
-Héctor, o nome do meu fillo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-Falar en voz alta.
23.– O que máis odia?
-A mentira
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Franco, polos anos que o aturei.
25.– Un feito militar que admire?
-A carreira de Filípides despois da batalla de Marathon.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Escribir ben.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Baixo o acougo dunha noite estrelada.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A serenidade.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A ignorancia da xente máis humilde
30.– Un lema na súa vida?
-Carpe diem.

4 Comments

  1. ¨Ah, se ela soubesse que quando ela passa o mundo inteirinho se enche de graça e fica mais lindo por causa do amor¨ Garota de Ipanema. Vinícius de Moraes e Tom Jobim. Que agradável surpresa vê-la como sua música favorita. Bom-dia, Ramón Nicolás.

Os comentarios están pechados.