Tántalo
Concello de Negreira-Xunta de Galicia, 48 páxinas, 10 euros
Galardoado na segunda convocatoria do Premio M. López Ardeiro, Tántalo recorre á simboloxía da tentación nunca satisfeita para reflectir un desacougo radical co tempo que nos tocou vivir. De aí que a derrota e o abatemento, mais tamén o telúrico e o íntimo, a través dunha ollada solidaria, por veces visionaria e sempre comprometida, circulen por estes poemas de intensa narratividade que, ademais, establecen un diálogo ricaz con voces poéticas, músicais e artísticas de toda índole co fin de evidenciar aquilo que nunca se acada por mor do noso propio desatino.
Esta recensión, baixo o título de “Aquilo que nunca se acada”, publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 19 de decembro de 2014.