Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Mecanoscrito de Uxío Novoneyra: “erguer a copa pola lingua e a terra”

A devoción que sinto pola obra de Uxío Novoneyra lévame a traer un día como o de hoxe, grazas á xenerosidade da Fundación que leva o seu nome, un mecanoscrito que o autor courelao subscribiu o 19 de novembro de 1989. Ese día,  no Auditorio de Galicia compostelán, dentro dos actos programados para o Galeusca que organizaba a AELG,  Novoneyra deu lectura este texto baixo o título de “intre-brindis”.

       O discurso, ditado inicialmente baixo a esixencia dunha formulación de saúdo e agradecemento, conclúe cunha reivindicación en forma poética baixo a perspectiva da precisa unión dos pobos, apuntando asemade ao necesario respecto á vida na propia na terra, ao necesario respecto ás  linguas de cada territorio: “seguras non amenazadas” nun contexto de concordia que, naquel momento, semellaba posible. Apelo a ese espírito, hoxe e sempre, para as cousas que realmente importan: o traballo e a lingua entre algunhas outras.

Advertisements

3 comentarios en “Mecanoscrito de Uxío Novoneyra: “erguer a copa pola lingua e a terra”

  1. MariaLDário
    24 Decembro 2014

    Ramón Nicolás, me parece um importante documento, além de ser um chamado à valorização contínua da terra e da língua de cada região. Muito obrigada por compartilhar.

    • Ramón Nicolás
      24 Decembro 2014

      Grazas a ti. Un pracer partillar o documento.

  2. Pingback: Mecanoscrito de Uxío Novoneyra: “erguer a copa pola lingua e a terra” | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: