Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Tomás González Ahola

Tomás González Ahola

 1.– Principal trazo do seu carácter?
-A explosividade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A resistencia inquebrantábel ás adversidades.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Unhas cuncas e unhas palabras.
4.– A súa principal eiva?
-Son moitas e están todas igualadas, como os microbios no corpo do señor Burns.
5.– A súa ocupación favorita?
-Todo o que sexa novo para min.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Unha casa de madeira e unha lista interminábel de vidas que experimentar.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Converterme nun lánguido.
8.– Que lle gustaría ser?
-Pirata, por suposto.
9.– En que país desexaría vivir?
-En calquera no que puidese ser ditador.
10.– A súa cor favorita?
-O da borraxeira nas mañás.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Se existise, unha que ulise a churrasco e soubese a polbo.
12.– O paxaro que prefire?
-«Dixo o corvo: Nunca máis».
13.– A súa devoción na prosa?
-Lovecraft, London, Milton, Aldiss, Le Guinn…
14.– E na poesía?
-Lucrecio, Milton, Pound.
15.- Un libro?
-O Kalevala.
16.– Un heroe de ficción?
-Agardo selo algún día.
17.– Unha heroína?
-A que consiga aturarme toda a vida.
18.– A súa música favorita?
-Todo o que lembre a elásticos vermellos e parches de Kiss.
19.– Na pintura?
-A de parede, se me deixan meter man e enzoufarme.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Calquera persoa feita a si mesma sen cachos dos demais.
21.– O seu nome favorito?
-O do inmencionábel Cthulhu.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A preguiza.
23.– O que máis odia?
-A languidez e os lánguidos.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Calquera que se considerase do lado do ben.
25.– Un feito militar que admire?
-Son individualista de máis para os admirar.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Sempre dubido entre invisibilidade e raio da morte nos ollos.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Nunha liorta rueira contra o segador.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Encirrado.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Xunto con «tolerancia», desterrei hai tempo esa palabra do meu vocabulario.
30.– Un lema na súa vida?
-Como dicían os Iron Maiden: «Run, live to fly, fly to live, do or die».

Advertisements

Un comentario en “Cuestionario Proust: Tomás González Ahola

  1. Pingback: Cuestionario Proust: Tomás González Ahola | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 26 Decembro 2014 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: