A divina comedia (tradución de Darío Xohán Cabana)
Edicións da Curuxa, colección A nosa voz entenden, nº 3, 757 páxinas, 40 €
Pretensioso sería pola miña parte dicir algo novo, a estas alturas, dun dos monumentos literarios máis relevantes da historia da literatura. Por iso só podo convidar a gorentar esta peza literaria no idioma de noso, que Dante concluíu co celebre verso “l´amor che move il sol e l´altre stelle” e que Darío Xohán Cabana traslada como “o amor que move o sol e as máis estrelas”. O escritor chairego acomete aquí unha nova e precisa tradución realizada, como confesou, dun modo obsesivo e ao longo de tres anos. E faino con excelencia, eu non o dubido.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 26 de decembro de 2014, baixo o título de “Dante volve falar en galego”.
Uma belíssima apresentação deste livro, Ramón Nicolás. Impossível não querer lé-lo. Muito obrigada por suas postagens.
O agradecido, de novo, son eu polas túas palabras.