Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Celso Emilio Ferreiro en mapuche

Case sinto como unha obriga, pracenteira claro é, evocar a figura de Celso Emilio Ferreiro nun día coma hoxe, cando hai 103 anos viña ao mundo na casa familiar celanovesa. O autor de Longa noite de pedra tiña a particular teoría de que os poetas eran inmorredoiros pois, ao morreren, non se enterraban igual có resto das persoas, isto é, no canto de seren “soterrados” eran “enversados”: quedaban nos seus versos para todo o sempre de xeito que se alguén os volvía ler estes “desenversábanse”, “resucitábanse” un pouco. Cómpre seguir desenversando a Celso Emilio e mais nun tempo como o actual e  para iso  incorporo aquí unha tradución do celebérrimo “Irmaus” ao mapuche, que se publicou no ano 1993 e que vén da man, como se sinala, do “Centro Cultural Mapuche”. Sinto carecer de máis datos  sobre a publicación titulada “Pu Peñi”,  onde viu a luz ao se tratar dunha fotocopia solta que tiro dos fondos cedidos pola Fundación Celso Emilio Ferreiro.

 

Advertisements

Un comentario en “Celso Emilio Ferreiro en mapuche

  1. Pingback: Celso Emilio Ferreiro en mapuche | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: