Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: José María Picón

José María Picón

1.– Principal trazo do seu carácter?
-O humor.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-A fidelidade.
4.– A súa principal eiva?
-A cabezonería, aínda que a min gústame chamarlle tenacidade, e tampouco eiva senón “mínima imperfección”.
5.– A súa ocupación favorita?
-Ilustrar as historias que escriben os demais.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Tempo libre, unha pizza, unha consola e uns amigos para botar unhas partidas.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Conformarme con ser o que son.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un nonaxenario que lle conta historias aos seus netos e que vai a xogar a partida cos seus amigos.
9.– En que país desexaría vivir?
-Gustaríame ter a oportunidade de viaxar polo mundo adiante sen un fogar fixo pero coa casa da aldea para desconectar.
10.– A súa cor favorita?
-Todas
11. – A flor que máis lle gusta?
-A orquídea negra.
12.– O paxaro que prefire?
-Polo asado ou pato á laranxa.
13.– A súa devoción na prosa?
-Son moi fan dos clásicos da literatura de terror ou suspense, Poe, Conan Doyle, etc.
14.– E na poesía?
-Non son un asiduo lector de poesía mais como afeccionado á música, as súas letras son o produto máis similar que consumo. E non, non teño ningún escritor favorito nese eido, calqueira verso ou estrofa pode facerte esnaquizar.
15.– Un libro?
O Padriño de Mario Puzo
16.– Un heroe de ficción?
-Rorschach, aínda que sexa un antiheroe.
17.– Unha heroína?
-Morte.
18.– A súa música favorita?
-Calquera canción que me remova algo nas entrañas. Escoito practicamente de todo tipo de músicas, mais sobre todo o relacionado co rock duro e mailo metal, sons graves e pesados.
19.– Na pintura?
-No eido clásico sinto verdadeira debilidade por Turner e por Picasso.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-A miña nai.
21.– O seu nome favorito?
-Non teño ningún nome favorito, pero hai dous nomes de muller que me gustan moito: Alma e Aroa.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A pedantería e o aborrecemento.
23.– O que máis odia?
-Que a xente sexa unha pelota pola súa conveniencia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Hai tanta personaxe ao que desprezar que non tería tempo para desprezalos a todos…
25.– Un feito militar que admire?
-Star Wars serve? Agora en serio…, creo que son termos un tanto antitéticos, como o de Intelixencia Militar. O único reseñable son o final das guerras.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O don da ubicuidade
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Voltar á resposta 8.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Ledicia aínda que haxa moita xente á que lle guste poñelo en entredito case a diario…
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A necidade.
30.– Un lema na súa vida?
– Non son unha persoa moi de lemas, mais gústanme varias frases inspiradoras como a de: “Non deixes que ninguén che diga como tes que ser.” Son moi fan das frases feitas que di a xente cando non ten outra cousa mellor que facer como a de: “Lo siento. Me equivocado. No volverá a ocurrir.”

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 11 Xaneiro 2015 por en Divulgación,Ilustración , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: