Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Historia dunha granxa africana, de Olive Schreiner

Olive Schreiner

Historia dunha granxa africana (tradución de Begoña Rodríguez Outeiro)

Hugin e Munin, Compostela, 364 páxinas, 15,50 €

 

Schreiner, que se ocultou baixo o pseudónimo masculino de Ralph Iron na primeira edición deste libro en 1883, ofrece aquí un espello da sociedade vitoriana e colonial con afán realista e aborda con audacia estrutural e modernidade o decorrer vital de tres protagonistas nunha granxa bóer. Malia algunhas pasaxes alegóricas a ollos actuais un tanto obsoletas, desprende un pouso desilusionado pero efectivo e persegue ofrecer un deseño da desigual posición da muller, malia invisibilizar o apartheid, algo que reformulará en obras posteriores.

 

Esta reseña publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 16 de xaneiro de 2014, baixo o título de “Schreiner: fundadora da tradición literaria sudafricana”. PD: Premendo aquí pode consultarse o seu interesante corpus epistolar (en inglés).

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: