Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Roberto A. Rodrigues

Pasou hai algúns meses por este blog Roberto A. Rodrigues por mor das súas respostas ao Cuestionario Proust. Hoxe retorna na sección “Manuscritos” para nos ofrecer unha mostra do seu traballo e, ao tempo, reflexionar sobre o proceso creativo.

     Roberto afirma non cumprir con ritual ningún cando escribe malia  puntualizar algunhas particularidades que advirte nese momento: “as palabras sáenme máis fluídas cando escribo rodeado de xente. Refírome a que adoito sentar na terraza dalgún bar, pido un café e comezo a teclear sen rumbo. Normalmente a abstracción vén case que de inmediato. Métome na historia e, malia a que ao meu redor transite un rodopío de persoas, semella que estivese illado nun cuarto. Vexo sen mirar os peóns agardando nos semáforos, o tráfico, as xentes pararse nos escaparates e durante algún tempo transfórmanse nun xeito de decoración. Esta sensación é moi produtiva, mais é tamén limitada no tempo. Cando a abstracción esvaece o fío das palabras anquilósase e xa non paga a pena seguir teimando”.

       Tamén salienta que o feito de coñecer tanto o comezo coma o final dun relato ou dunha novela axuda ao desenvolver a historia, sublimando que a poesía non obedece esta regra. Ao tempo, apunta a necesidade de osixenar o corpo ando asoma o bloqueo nunha historia; o propicio que resultan as viaxes para atopar novos argumentos e a necesidade de traballar cun dicionario diante. Finalmente, sinala que cando nada disto funciona recorre a un “as agochado na manga” que se atopa neste link.

     Abaixo déixanos unha composición poética manuscrita. Caderno da crítica agradece esta colaboración.

 

 

Advertisements

Un comentario en “Manuscrito: Roberto A. Rodrigues

  1. Pingback: Manuscritos: Roberto A. Rodrigues | ::Axenda cultural AELG::

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 19 Xaneiro 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Poesía , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: