Presentación de ´Entrada ao xardín do saber` de Henrique Dacosta, na Libraría Paz (Pontevedra)

Este vindeiro mércores, 21 de xaneiro, acompañarei a Henrique Dacosta na presentación do seu Entrada ao xardín do saber, editado por Redelibros. O acto literario celebrarase na libraría Paz, da cidade de Pontevedra, ás oito do serán. Convido a todas as persoas que pasan por este blog a achegarse: pagará a pena!