Uxío Novoneyra: 85 anos desde o seu nacemento

O poeta courelao naceu, tal día coma hoxe, en 1930. Caderno da crítica, que sempre o ten moi presente, lembra esta data cun manuscrito poético cedido xenerosamente pola Fundación que leva o seu nome: trátase do contundente e estremecedor aínda  “Amador e Daniel“, poema  ao que particularmente cheguei, sendo adolescente, a través dunha interpretación incluída nun disco que oín centos de veces: Estamos chegando o mar (1976) de BibianoO tema musical pódese oír premendo aquí e, abaixo, reprodúcese o manuscrito poético. Beizón!

1 Comment

Os comentarios están pechados.