Os ditosos anos do castigo, de Fleur Jaeggy

Fleur Jaeggy

Os ditosos anos do castigo  (tradución de Cristina González Piñeiro)

Rinoceronte, Cangas de Morrazo, 98 páxinas, 14 €                                           

 

Vila-Matas subliña, na obra de Fleur Jaeggy, o que entende como o “requintado fío da frase simple”. En efecto, esta autora suíza que escribe en italiano é quen de encerrar nun latexo narrativo toda unha revelación, unha luzada que ilumina o lado máis escuro da existencia. Parte disto, con tintes autobiográficos, repousa neste suxestivo libro que percorre a vida dunha moza nun ríxido internado feminino do cantón suízo de Appenzell onde a opresión e a loucura se converten nunha realidade case tanxible.

 

 

Esta recensión, baixo o título de “Latexos narrativos para unha revelación”, publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 23 de xaneiro de 2015.