Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Atravesar o fantasma, de Carlos Callón

Carlos Callón

Atravesar o fantasma

Xerais, 64 páxinas, 12,50 €

Unha sorte de crestomatía, persoal e lírica, que percorre tematicamente a metade dunha vida é o que ofrece Carlos Callón neste libro. Nel pendúrase o íntimo ao sol, ábrense as portas a un discurso confesional que posibilita transitar polo experimentado, apelando ás revoltas da memoria como eixe que reconstrúe ese ronsel que deixaron momentos e descubertas. Non se esquece afondar na dimensión dos afectos nin esculcar na permanencia das cicatrices. Xaora, fican desveladas tamén conviccións que o paso do tempo e a vida axudan a crear.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 29 de xaneiro de 2015.

Advertisements

3 comentarios en “Atravesar o fantasma, de Carlos Callón

  1. MariaLDário
    2 Febreiro 2015

    Muito obrigada por apresentá-lo com a sua última obra em seu blogue, Ramón Nicolás! Carlos Callón é um escritor ‘fora de série’. O último livro que possuo dele é ‘En Castellano No Hay Problema’, com o qual aprendi muito, como sempre.

    A Galiza está dentro do meu coração, não canso de dizer, mas com todos os escritores e escritoras que você apresenta diariamente, ela se agigantará. Bom-dia pra você e sinceras saudações a Carlos Callón. Quanta alegria!

  2. Ramón Nicolás
    2 Febreiro 2015

    Bo día, MariaLDário. Moi agradecido polo seguimento tan constante que fas deste blog e polos teus comentarios, sempre benvidos. A miña gratitude e un saúdo.

    • MariaLDário
      2 Febreiro 2015

      Ramón Nicolás, tenho muito orgulho de falar de vocês e da Galiza; tenho muito prazer de estar a par de tudo o que acontece por aí. Vivi em Santiago, onde fui tratada como irmã, pelos mais jovens, e como filha, pelos mais velhos, fiz amizades para toda a vida; sinto-me eternamente grata a todos vocês.

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: