Manuscritos: Xosé María Álvarez Blázquez (no centenario do seu nacemento)

Hoxe cúmprense cen anos do nacemento de Xosé Mª Álvarez Blázquez (Tui, 1915- Vigo, 1983). Caderno da crítica quere tributarlle un recoñecemento a un autor que sempre admirou e  que abrazou con convicción a polifacecia cultural  -editor, poeta, narrador, arqueólogo, investigador, libreiro, promotor do libro galego, docente….- ao servizo do seu país.

     Por esta razón incorpórase abaixo o manuscrito do poema “Solpor” -por cortesía de Xosé María Álvarez Cáccamo-, unha magnífica composición publicada postumamente nas páxinas do Faro de Vigo o 31 de marzo de 1985, aínda que foi asinado  orixinalmente en Coruxo en agosto de 1982. Ás persoas interesadas na intrahistoria do poema remito ás edicións das Obras completas do autor tanto a cargo de Rodríguez Baixeras como a do propio Pepe Cáccamo.

   Embaixo de “Solpor”, e  por cortesía de Alfonso Álvarez Cáccamo, velaí unha tarxeta de presentación do autor, xunto cun breve texto manuscrito. A miña gratitude pola cesión de ambos documentos.

1 Comment

Os comentarios están pechados.