Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Mañá en Compostela: “Queremos galego”

Virtualmente o Caderno da crítica, e quen o administra, fisicamente, estarán mañá en Compostela. As razóns son evidentes e de diverso carácter mais unha delas radica en que sen unha lingua que goce de boa saúde non haberá falantes, non haberá persoas que usen esa lingua como ferramenta creativa, nin tampouco quen lean nesa lingua. E neste espazo escríbese, desde o primeiro día, de literatura, de autoras e autores que o fan no idioma galego, no idioma propio. Évos esta unha razón ben sólida para defender a lingua galega, mañá, en Compostela.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 7 Febreiro 2015 por en Convocatoria,Opinión , , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: