Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Rastros con enrugas

Edicións Corsárias, Compostela, 82 páxinas, 10 €                                    

 

Na mellor das tradicións da poesía denominada de combate e, talvez, no que é o seu libro máis singular, o autor opera cun escalpelo de dous gumes: cun deles repara, con ollada crítica, no máis execrable e doloroso que vai quedando do tempo que vivimos; mentres, co outro, denuncia e interpela sobre o sentido final de tanto desatino. A realidade sofre, deste xeito, un proceso polo que se decodifica, se subverte con ironía e mesmo se transforma nun discurso lírico operativo para reflexionar, tamén para actuar.

Este texto publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 6 de febrero de 2015, baixo o título de “Poesía de acción”.