Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

A pantufla de Celia, de Concha Blanco (ilustracións de Dani Padrón)

Concha Blanco

A pantufla de Celia (ilustracións de Dani Padrón)

Hércules de Edicións, A Coruña, 2015, 4o páxinas, 12,90 €

 

 

Concha Blanco, mestra e pedagoga, unha das voces pioneiras no ámbito da realización e aplicación de material didáctico para a aprendizaxe da lingua galega e, ao tempo, posuidora dun extenso e completo currículo no que se refire á traxectoria como autora da literatura infantil e xuvenil acaróase de novo, con A pantufla de Celia, a ese xénero nada doado do álbum ilustrado para o lectorado máis novo, indo da man nesta ocasión da interpretación e lectura artística que fai Dani Padrón, un dos nosos ilustradores máis salientables na actualidade, tanto polo seu ritmo de publicacións como pola exhibición talentosa que realiza en cada unha das entregas que realiza.

     A pantufla de Celia, así pois, sométese como era de agardar ao enxeño, experiencia e á dinámica creativa da autora que atopa, nesta ocasión, nun elemento cotián o fío que permite desenvolver, a través do recurso da personificación, unha historia entrañable protagonizada por esa “pantufla” ben particular e en forma de vaca que vai relatando o seu propio percorrido ata caer nas mans de Celia, singularizada pola súa xenerosidade e que lle dará outro uso ben proveitoso para a súa vida e que convido a descubrir. Narrado coa sinxeleza e co ritmo acaído que se demanda para propostas deste xénero, esta historia ilustrada testemuña a habelencia, bo facer  e imaxinación dunha autora como Concha Blanco para estes cometidos.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: