Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Bisa Bea, Bisa Bel”, de Ana María Machado na Lista de honra do IBBY na modalidade de tradución

Hai cousa dun par de horas Sabela González,  nova secretaria da directiva de Gálix, comunicoume que a tradución de Bisa Bea, Bisa Bel, da grande Ana María Machado, incorporábase, na modalidade de tradución, na Lista de Honra do IBBY. Comparto a miña alegría particular con todos vós e é esta a ocasión de agradecer tanto a decisión do xurado que tivo a ben considerala como a confianza que Francisco Castro e a Editorial Galaxia depositaron en min para acometer este traballo. Non desaproveito esta ocasión e esténdolle os meus parabéns a Ledicia Costas pola súa Escarlatina, a cociñeira defunta, seleccionada igualmente na Lista de Horna do IBBY na categoría de escritoras. Graciñas.

Advertisements

3 comentarios en ““Bisa Bea, Bisa Bel”, de Ana María Machado na Lista de honra do IBBY na modalidade de tradución

  1. MariaLDário
    11 Febreiro 2015

    Obrigada pela postagem, Ramón Nicolás!

  2. Esperanza Dominguez Bautista
    11 Febreiro 2015

    Parabens por esta boa nova.
    Grazas por ser asi, por escribir asi, por darnos tantas alegrías.
    Eres un referente para mi

Os comentarios están pechados.

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: