No lp que no ano 1976 Miro Casabella publicou, no selo Ariola e baixo o título de Ti, Galiza incluíase, entre outras, a peza “Goethe”, que cómpre oír, poema de Celso Emilio Ferreiro incluído en Longa noite de pedra, musicado por José Mário Branco e Luís Pedro Faro. No seu interior editouse un libreto de oito páxinas que reproducía a letras dos poemas e cancións en galego, castelán, éuscaro e catalán. Velaquí os que se corresponden ao poema de Celso Emilio Ferreiro. Non logrei coñecer o nome das persoas que se responsabilizaron das traducións.
Actualización (11-2-2015): Luís Ferreiro, que conserva o disco na Fundación Celso Emilio Ferreiro, infórmame sobre o nome das persoas que traduciron os textos: ao éuscaro Ja Artze e Amaia Losa; ao castelán e catalán J. Horta. Fica constancia aquí deste dato.