Druídas (Noemí López, ilustracións)
Embora, Ferrol, 168 páxinas, 10 €
Manéxase con solvencia María Canosa nesta última proposta xuvenil pois non é doado harmonizar, nin facer converxer con sutileza, un plano realista -ese que espella a relación entre un avó e a súa neta- con outro marabilloso onde os ecos da tradición druídica focalizan o interese traendo canda si historias fantásticas e lendarias que avivan o ritmo narrativo. Non se esquece, tampouco, reparar na relevancia que o respecto pola natureza, as crenzas populares e a ciencia, a lectura e a amizade atesouran para aprender, para aprender a resistir.
Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 13 de febreiro de 2015, baixo o título de “Aprendizaxes para resistir”.