Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Xurxo Souto

xurxo

Xurxo Souto

1.– Principal trazo do seu carácter?
– A capacidade de sorpresa.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A creatividade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Nada (a marabilla é que existan).
4.– A súa principal eiva?
– A falta de concentración ( ou sexa, a preguiza).
5.– A súa ocupación favorita?
– Tocar cos meus amigos.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Andar polo mundo a escoitar e a contar historias.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Non ter a ninguén a quen lle contar esas historias.
8.– Que lle gustaría ser?
– Gaiteiro!
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galiza. O único xeito de ser cidadán do mundo é comezar por coñecer a parte do mundo que temos diante do fociño.
10.– A súa cor favorita?
– Fanme falta todas.
11. – A flor que máis lle gusta?
– A flor da pataca ( descubrina grazas a Pepe Barro).
12.– O paxaro que prefire?
– O pardal vellouco, ou “gorripacho” como dicía o meu avó.
13.– A súa devoción na prosa?
– Teresa Moure e Manuel Rivas.
14.– E na poesía?
– Luísa Villalta.
15.– Un libro?
As crónicas do Sochantre de Álvaro Cunqueiro.
16.– Un heroe de ficción?
– Adrián Solovio.
17.– Unha heroína?
– Pepa a Loba.
18.– A súa música favorita?
– Algunha repichoca de Bella Bartok, Faustino Santalices ou Erik Satie.
19.– Na pintura?
– Urbano Lugrís.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Mercedes Peón.
21.– O seu nome favorito?
– Icía e mais Manuela.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Polo de agora podo ir soportándoos todos.
23.– O que máis odia?
– O propio odio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Por demodé e polo que nos rompen a cabeza con ela: Isabel, a católica.
25.– Un feito militar que admire?
– A Guerra de Troia (exclusivamente polas súas consecuencias literarias: a Ilíada, a Odisea, a Eneida…).
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O ouvido absoluto.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Despois de ter armado –e contado- unha boa historia.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Arramallado (isto é, asombrado, en galego de Corrubedo).
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A preguiza.
30.– Un lema na súa vida?
– Ti que me levas, eu que te axudo, ímoslle xuntos ao cabo do Mundo!

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Febreiro 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: