Souben onte do falecemento de Lesley Gore. O certo é que sempre me chamou a atención a discreción coa que practicamente se retirou do mundo da música tras acadar algún éxitos que obtivo na década dos anos sesenta, sobre todo o inesquecible It´s my party, que gozaría doutra versión, igualmente extraordinaria, da man de Quincy Jones e Amy Winehouse en 2010. Deixo aquí a versión orixinal. Grazas, Lesley Gore.