Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Xosé Iglesias

Xosé Iglesias

 1.– Principal trazo do seu carácter?
– Traballador, honesto e esixente.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A lealdade e a honradez.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que me aprecien o mesmo que eu a elas.
4.– A súa principal eiva?
– Un punto de intolerancia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Construír barcos no meu estaleiro e versos no tempo libre.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Ollar como morremos todos de velliños despois de vivir unha vida plena.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Perder a algún familiar próximo supoño.
8.– Que lle gustaría ser?
– Non aspiro a ser máis do que son, chégame o que teño, eso si, que non mo rouben.
9.– En que país desexaría vivir?
– No centro do mar, nunha nación chamada Galiza.
10.– A súa cor favorita?
– Todas, cada unha delas nunha situación diferente.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Non son de frores, escollo a rosa (dos ventos).
12.– O paxaro que prefire?
– Pola súa maxestosidade, e sobre todo pola cor dos seus ollos, o mascato.
13.– A súa devoción na prosa?
– Se falan do mar, escollos a todos.
14.– E na poesía?
– Un ou dous poemas de cada poeta, aínda que me emocionan moito os poemas de Manuel Antonio, ou Antón Avilés.
15.- Un libro?
– Merqueino con 16 anos e acompañoume en moitas ocasións: Costa de la muerte, historia y anecdotario de sus naufragios, de Jose Baña Heimn.
16.– Un heroe de ficción?
– O capitán Nemo.
17.– Unha heroína?
– Como homenaxe a Begoña Caamaño , quédome coa súa Morgana.
18.– A súa música favorita?
– Toda a música folk da Galiza, sen excluír a ninguén. Teño devoción tamén por Yann Tiersen.
19.– Na pintura?
– Enchería toda a miña casa de cadros de Viki Rivadulla, a pintora do mar.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Os patróns de pesca, e os mariñeiros, que arriscan as súas vidas a diario para que a xente poida comer peixes salvaxes. O mesmo as mulleres da nosa terra que nos axudaron e moito a erguer esta nación.
21.– O seu nome favorito?
– César, que me ronda pola cachola moi moi a miudo (así se chama o meu pequeno).
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A prepotencia.
23.– O que máis odia?
– A crueldade.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Quizais e ollando a historia a través dos séculos, todos aqueles que impuxeron a súa ideoloxía sobre o resto e por iso mataron a moitos seres inocentes, os ditadores en xeral.
25.– Un feito militar que admire?
– No pobo veciño de Portugal, a histórica revolución dos cravos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Saber tocar un instrumento musical facilmente (cousa que me é imposible).
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Sexa cando sexa o momento, sen sufrir moito.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Cabreadísimo con estes políticos que están roubando o noso mar descaradamente.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– Non me molestan demasiado as pequenas mentiras.
30.– Un lema na súa vida?
– Vive tranquilo e deixa vivir en paz os que te rodean.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 26 Febreiro 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Poesía , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: