Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Tres poemas de Celso Emilio Ferreiro no verbo dos arxinas

Lembrei a existencia destes textos escritos no verbo dos arxinas hai poucos días -tirados dos fondos da Fundación Celso Emilio Ferreiro que reproduzo por cortesía da institución- cando, no decurso dunha clase, falabamos de profesións e oficios. Un alumno díxome que un bisavó seu fora canteiro e o rostro iluminóuselle, se cadra polo que de enigmático ten esa xerga gremial tamén chamada latín dos canteiros.

     Para que vexa como se escribía esa xerga que o propio Celso Emilio Ferreiro empregou no arquicoñecido “Gabanza dos canteiros”, deixo aquí unas mostras no latín dos canteiros de tres célebres poemas do autor de Celanova: “Longa noite de pedra”, “Monólogo do vello traballador” e “Xaneiro 1972.II”, isto é, o popular “Digo, Moraima”. Lamento, iso si, descoñecer a persoa responsable de verter as composicións á fala dos canteiros e non poder deixar constancia aquí do seu nome.

 

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: