De Cantares Hoxe (audiolibro colectivo)
Fundación Rosalía de Castro / Radio Galega, 104 páxinas, edición gratuíta
Esta semana celebramos moitas persoas, cadaquén ao seu xeito, o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Axudou a isto a aparición deste audiolibro, promovido pola Fundación que leva o nome da poeta xunto co programa “Diario Cultural”, da Radio Galega, onde se xestou orixinalmente para celebrar o sesquicentenario da publicación de Cantares Gallegos. Trinta e cinco voces poéticas de hoxe, plurais e diversas que, cos seus poemas, dialogan coa obra rosaliana deitando un resultado espléndido. É cousa de lelos e oílos e daranme a razón.
Este texto publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 26 de febreiro de 2015, baixo o título de “Rosalía, sempre”.