O equipo que estivo case vinte anos turrando do carro para sacar á rúa, mensualmente, a revista Qué leer embárcase nun novo proxecto de xornalismo e libros baixo o título de Librújula, que acaba de nacer onte. Co obxectivo de se converter no portal de referencia en internet do libro en castelán e, como se sinala, dispoñendo dunha “ventá ao libro en catalán” e con “antenas” en Bogotá, Bos Aires e México, articularase nun soporte duplo: on line e en papel. Moita sorte neste proxecto a Toni Iturbe e Milo Krmpotvic, e convido vivamente a navegar polos seus contidos premendo aquí.