Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

ELO, de Rosalía Fernández Rial (textos e voz) e Serxio Moreira (música)

Préstame deixar aquí constancia deste novo proxecto literario-musical que vén da man de Edicións Positivas, selo que posibilita esta incursión no devandito ámbito a través da edición dun cedé que combina  textos -e voz- de Rosalía Fernández Rial e mais un acompañamento musical a cargo de Serxio Moreira, que se acaroa a unha tendencia próxima á música electrónica e experimental.

       Particularmente paréceme unha iniciativa fantástica a de ofrecer unha escolma poética interpretada pola propia Rosalía Fernández Rial, ao meu ver interesante mesmo desde un punto de vista didáctico alén da valoración literario e musical que desta proposta se poida facer e que bebe de textos publicados tanto en ningún amante sabe conducir como en vinte en escena. Os temas poden escoitarse na bandcamp do grupo e, persoalmente, deséxolle moita sorte a este proxecto. Velaquí un vídeo do proceso de gravación do disco de ELO, gravado e realizado en Drum&Roll Estudios por Lara Capeáns: “a estrada escribe, en pel de asfalto, as feridas que nos separan”, abofé que si!

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: