Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias

Xosé Iglesias

Transfusión oceánica (limiar de Xurxo Souto)

Caldeirón, 2014, 96 páxinas, 10 €

 

Nese ronsel onde atopamos a Manuel Antonio ou a Alexandre Nerium, poetas e mariñeiros, sitúase Xosé Iglesias a gobernar os seus poemas cun leme firme e alimentado pola experiencia, a honestidade e emoción poética que aquí se espella. Os versos emiten sinais radiográficos que avisan de salseiros que enchoupan, visualiza os toletes e as amuras, fai sentir a ausencia do silencio no mar sen esquecer articular un laio diante do seu estrago. Un libro, parafraseando a Celso Emilio, dun verdadeiro mariñeiro no tempo, senón dos spútniks, do WhatsApp.

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 6 de marzo de 2015, baixo o título de “O himno dos cardumes”.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: