Cartografía do exilio, de Baldo Ramos

Baldo Ramos

Cartografía do exilio (ilustracións de Carlos González Villar)

Deputación da Coruña, 96 páxinas, 14 €

 

Non é común atopar unha decisión semellante, isto é, un poeta que lle dá cabo a unha traxectoria que, no caso de Baldo Ramos, se estendeu ao longo de catorce anos. E faino, así, co que será o seu derradeiro libro de poemas, accésit do Premio González Garcés 2014. Nel o autor despídese cun libro intenso e traballado, dotado dunha estrutura orixinal que posibilita a lectura dunha singradura, dunha crónica construída por un único e longo poema, dominada por un transparente alento narrativo e emocional onde o exilio é tempo, é memoria recuperada, é un adeus, ao que parece, literario. Lamento isto último.

 

Esta recensión publicouse nas páxinas do suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, o 13 de marzo de 2015, baixo o título de “O adeus dun proxecto poético”.