Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Manuel Darriba

Manuel Darriba

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A persistencia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Que, igual que son escoitadas, escoiten.
4.– A súa principal eiva?
-Caídas de autoestima
5.– A súa ocupación favorita?
-A lectura.
6.– O seu ideal de felicidade?
-A autosuficiencia.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Perder a autonomía.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un bo escritor.
9.– En que país desexaría vivir?
-Podo aturar este (de momento).
10.– A súa cor favorita?
-Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
-A orquídea.
12.– O paxaro que prefire?
-A gaivota.
13.– A súa devoción na prosa?
-J.M. Coetzee.
14.– E na poesía?
-Philip Larkin.
15.- Un libro?
Il Gatopardo.
16.– Un heroe de ficción?
-O detective Harry Bosch.
17.– Unha heroína?
-María, a guerrilleira republicana de “For whom the bell tolls”, de Hemingway.
18.– A súa música favorita?
-Jazz.
19.– Na pintura?
-Edward Hopper.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Charles Darwin.
21.– O seu nome favorito?
-Manuel.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A falta de educación.
23.– O que máis odia?
-A falta de educación.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-José María Aznar.
25.– Un feito militar que admire?
-Os combates da compañía Easy en Europa na II Guerra Mundial.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-A habilidade manual.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Sen dor, rodeado de seres queridos.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A dúbida.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A preguiza.
30.– Un lema na súa vida?
-Coñécete a ti mesmo (aínda que doa).

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Marzo 2015 por en Divulgación,Literatura galega , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: