Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Profe, bótannos da casa en sete días”

Moitas persoas das que vos pasades por aquí sabedes que a miña profesión é a de docente e o resto, incluído este blog, son queridas afeccións e camiños polos que un vai transitando.

        Valla esta introdución para deixar  constancia aquí dun dos días máis tristes da miña experiencia docente. Ás oito e media da mañá, unha alumna de trece anos -excelente alumna por certo-, compunxida,  faime un sinal indicándome que saia da aula pois quere dicirme unha cousa. Tras pechar a porta moumea no corredor: “profe, bótannos da casa en sete días”, rompendo a chorar. A impotencia, a rabia e a repugnancia que sempre sentín  diante dos desafiuzamentos tórnase dolorosamente palpábel e tanxíbel no rostro desta nena. Até cando permitiremos que estas cousas pasen? Até cando este impune xenocidio financeiro?

Advertisements

5 comentarios en ““Profe, bótannos da casa en sete días”

  1. alfredo conde
    17 Marzo 2015

    Só pasandoo pódese saber ben o que é iso, así quen imaxínate como será só con pensar en cómo te sintes ti e cómo se poderá sentir esa nena. Qué se pode facer?

    • Ramón Nicolás
      17 Marzo 2015

      Indignarse non chega, haberá que buscar outro tipo de accións.

  2. Pingback: "Profe, bótannos da casa en sete d&...

  3. Anónimo
    17 Marzo 2015

    Afortunadamente non tivo vergoña en dicilo e, na medida do posible, estamos a axudala desde o centro. Cantos máis haberá na súa situación???

    • Ramón Nicolás
      17 Marzo 2015

      Sei da valentía que tivo ao dicilo, tamén da axuda que recibe; igualmente me preocupa o que pode haber e non somos quen de ver. Grazas polo comentario.

Os comentarios están pechados.

Información

Esta entrada foi publicada o 17 Marzo 2015 por en Opinión , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: