Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Erin Moure

Erin Moure

1.– Principal trazo do seu carácter?
– Incorrixibilidade.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– A xenerosidade.
4.– A súa principal eiva?
– A impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita?
– Pasear.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Un día de verán sen teléfono nin outro aparato, paseando na natureza e falando cunha amiga de filosofía ou poesía.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Esquecer de cumprir unha promesa ou un compromiso.
8.– Que lle gustaría ser?
– Unha árbore (un bidueiro, claro).
9.– En que país desexaría vivir?
– Nunha Galicia independente e non capitalista.
10.– A súa cor favorita?
– Azul.
11. – A flor que máis lle gusta?
– Camelia.
12.– O paxaro que prefire?
– Paporroibo.
13.– A súa devoción na prosa?
– José Saramago ou Tomas Bernhard.
14.– E na poesía?
– Chus Pato ou Lisa Robertson.
15.- Un libro?
A arqueoloxía do saber (Foucault).
16.– Un heroe de ficción?
– Enkidu, de Gilgamesh.
17.– Unha heroína?
– Jane Eyre.
18.– A súa música favorita?
– Arvo Pärt ou Emmylou Haris.
19.– Na pintura?
– Rembrandt.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Elizabeth May.
21.– O seu nome favorito?
– Elisa.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– O de non escoitar aos outros e ás outras.
23.– O que máis odia?
– A falta de bondade, as mentiras.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Stephen Harper.
25.– Un feito militar que admire?
– A resistencia popular galega contra a ocupación das tropas napoleónicas.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– Cantar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
– Tranquilmente na cama á Idade de 100, mirando o sol nas árbores…
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Sorrindo.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– O defecto de rir cando a situación non é risíbel.
30.– Un lema na súa vida?
– Érguete de novo.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 18 Marzo 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Poesía , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: