Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Cuestionario Proust: Eva Veiga

Eva Veiga

1.– Principal trazo do seu carácter?
-A empatía.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– De cada amizade agardo aquilo que pode dar.
4.– A súa principal eiva?
– Das que eu saiba, a dispersión.
5.– A súa ocupación favorita?
-Pasmar. E tamén unha boa conversa.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Non teño un ideal, atesouro instantes de felicidade que aconteceron e agardo outros que a bo seguro virán.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A que poida acontecer aos meus seres queridos.
8.– Que lle gustaría ser?
-Bailarina.
9.– En que país desexaría vivir?
– Nunha Galicia sen minifundio mental, sen feudalismos.
10.– A súa cor favorita?
-Vermello.
11.– A flor que máis lle gusta?
-A flor da cerdeira.
12.– O paxaro que prefire?
-A xílgara
13.– A súa devoción na prosa?
– Maurice Blanchot. Lawrence Durrell. Coetzee.
14.– E na poesía?
– Rumi. Celan. Luísa Villalta.
15.– Un libro?
Tristam Shandy.
16.– Un heroe de ficción?
-O principiño.
17.– Unha heroína?
-Non sei se se pode considerar heroína de ficción: esa nai do poema “A xustiza pola man” de Rosalía.
18.– A súa música favorita?
-Bach, Pergolesi, John Coltrane.
19.– Na pintura?
-Alfonso Costa.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Malala. E tantas mulleres anónimas que nas peores circunstancias levan adiante a vida dos seus.
21.– O seu nome favorito?
-Sara.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A prepotencia e a insensibilidade.
23.– O que máis odia?
-A explotación de seres humanos, en todas as súas formas. E a hipocrisía.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Calquera ditador arrepíame.
25.– Un feito militar que admire?
– O acontecido na Revolução dos Cravos.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Saber cantar.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Consciente e serena.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Optimista realista.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que derivan da falta de oportunidades para aprender.
30.– Un lema na súa vida?
-Vivir cada instante coma se fose o primeiro.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 19 Marzo 2015 por en Divulgación,Literatura galega,Poesía , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: