Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Breve encontro con Gonzalo Moure

Onte levei unha alegría inmensa e inesperada ao atopar o meu admirado Gonzalo Moure ás portas do CEIP O Pombal de Vigo, onde estuda a miña filla. Saía Gonzalo ben sastisfeito do encontro coas novas fornadas de lectoras e lectores, dándome conta da atención que se lle outorgaba á lectura neste veterano centro público. Ao  tempo comentoume a ilusión coa hoxe mesmo collía un avión cara ao Sáhara para, neste caso, inaugurar unha biblioteca. Apertou o puño transmitindo forza e convicción cando  dicía isto último e non é para menos pois os libros, ademais de divertir, de formar e de educar son xermolos de liberdade para quen os le.

      Un pracer, Gonzalo, e grazas ao meu amigo Miguel Roma pola fotografía.

Advertisements

Información

Esta entrada foi publicada o 20 Marzo 2015 por en Crónica,Literatura , , , .

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: