Saltar ao contido
Caderno da crítica

Caderno da crítica

Literatura galega. Blog de Ramón Nicolás

Medo político e control social na retagarda franquista, por Lucio Martínez Pereda

Ramón Nicolás21 Marzo 201523 Marzo 2015Crítica literaria, Ensaio, Literatura galega

Navegación de artigos

Anterior
Seguinte

Lucio Martínez Pereda

Medo político e control social na retagarda franquista

Xerais, Vigo, 2015, 496 páxinas, 22 €

 

O PROFESOR LUCIO MARTÍNEZ  INTERPRETA, DESDE AS INSTANCIAS DO RIGOR E DA INVESTIGACIÓN ARQUIVÍSTICA, UN DOS CAPÍTULOS MENOS TRANSITADOS DA NOSA HISTORIA RECENTE COMO É O CONTROL SOCIAL NO PRIMEIRO FRANQUISMO

O crítico e filósofo Walter Benjamin escribiu nunha ocasión que articular o pasado historicamente non significaba recoñecelo “tal e como foi”, máis ben supuña apoderarse dunha lembranza, adxectivándoa moi literariamente como aquela  “que lampexa no instante dun perigo”. Quen dubida que os perigos latexantes hoxe son moitos, algúns derivados de  certas prácticas  negacionistas respecto do que sucedeu, e aínda máis se os feitos históricos son recentes. Neste sentido o profesor Lucio Martínez reacciona diante destas dinámicas e faino coa publicación dun voluminoso ensaio que resulta clarificador e incorpora conclusións desacougantes respecto do control social que se exerceu nos primeiros anos da ditadura. É un libro que fala, explicitamente, do medo e de como este se estendeu en amplas capas da poboación.

       O libro exhíbe, de seu, un traballo case oceánico no que se refire ás fontes hemerográficas e documentais consultadas, en especial no que atinxe á intensa esculca arquivística realizada, sendo igualmente meritorio o salientable diálogo que se mantén con respecto a outras achegas bibliográficas previas. Constrúese, así, un ensaio rigoroso centrado en realidades constatadas documentalmente que afectan á depuración do corpo de docentes, ao que se deriva das célebres comisións de incautación e responsabilidades políticas e  aos efectos reais que proxectou a persecución da masonería.

         Páxinas precisas para afondar nos problemas que a memoria e a historia suscitan; páxinas suxestivas para  dialogar co abondoso corpus literario galego que tocou este tema, nacido igualmente da historia e da memoria.

Esta recensión publicouse, baixo o título de “Ensaio preciso“, nas páxinas do suplemento “Fugas”, de La Voz de Galicia, o 20 de marzo de 2015. Fotos inferiores cortesía de Anxo Cabada, correspondentes á presentación do volume na Casa do Libro de Vigo o 11 de marzo.

Comparte este artigo:

  • Tweet
  • Correo-e
  • Imprimir

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Casa do Libro de Vigo,Edicións Xerais,Fugas,La Voz de Galicia,Lucio Martínez,Medo político e control social na retagarda franquista

Navegación de artigos

Anterior Cuestionario Proust: Suso Díaz
Seguinte “A auga e a literatura de nós” no Día Mundial da Auga

Twitter

Os meus tuits

Artigos recentes

  • Nós. Álbums da guerra, de Castelao
  • Un traballo inédito sobre Francisco Fernández del Riego
  • Presentación de Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo
  • Ninguén queda, de Brais Lamela

Facebook

Facebook
Marzo 2015
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  
« Feb   Abr »
Create a website or blog at WordPress.com
  • Seguir Seguindo
    • Caderno da crítica
    • Únete aos outros 122 segidores
    • Already have a WordPress.com account? Log in now.
    • Caderno da crítica
    • Personalizar
    • Seguir Seguindo
    • Rexistro
    • Iniciar sesión
    • Copy shortlink
    • Report this content
    • View post in Reader
    • Administrar as subscricións
    • Collapse this bar
 

Cargando comentarios...
 

    Privacidade e cookies: Este sitio utiliza cookies. Ao continuar usando este sitio estás a aceptar a súa utilización.
    Para saber máis, incluído como controlar as cookies, consulta aquí: Política de cookies
    A %d blogueros les gusta esto: