Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

“Antón Risco, con nome propio”, por Arturo Lezcano

Arturo Lezcano

Antón Risco, con nome propio

Fundación Vicente Risco-Deputación de Ourense,  Ourense, 148 páxinas, 5,99 €

 

Sinala Arturo Lezcano que o seu traballo non é unha biografía. Talvez non o sexa “ao uso” mais non hai un libro semellante que afonde, con rigor e solvencia, no percorrido literario e mais no universo vivencial de Antón Risco, aquel home que contaba a realidade coma se fose fantasía. O volume, co obxectivo de actualizar a figura do escritor ourensán, bebe na fecunda memoria de Lezcano, quen ademais rastrexou presenzas e feitos significativos que constrúen un perfil, teño para min que obxectivo, exhibindo unha precisa contención valorativa que prioriza o carácter informativo. Alén de incorporarse outras voces que deixan o seu propio testemuño, como son as de Camilo Franco ou F. Xavier Charlín, exhúmanse tres gorentosos e suxestivos fragmentos extraídos dos inéditos de Antón Risco que demandan, implicitamente, continuar este camiño. Oxalá así sexa.

Esta recensión, baixo o título de “Reivindicación de Antón Risco”, publicouse nas páxinas do suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, o 20 de marzo de 2015.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: