Caderno da crítica

Literatura galega: de todo un pouco; ás veces tamén opinións. Blogue de Ramón Nicolás

Manuscrito: Ricardo Carvalho Calero (25 anos despois)

Hai datas que, sen saber na realidade a razón, quedan gravadas na mente. Este foi o meu caso co pasamento de Carvalho Calero acontecido un día coma hoxe hai vinte e cinco anos  e a quen lembraba como unha figura familiar na antiga Facultade de Filoloxía da Praza de Mazarelos a finais dos anos oitenta.

     Para lembrar este cabodano, e por cortesía da Fundación Penzol,  tiradas concretamente dun dossier existente nos fondos da Biblioteca-Museo Francisco Fernández del Riego, exhúmanse catro páxinas dunha recensión centrada conxuntamente na tradución dos Carmina (1950) de Horacio, a cargo de Aquilino Iglesia Alvariño,  e a tradución do Cancioeiro da poesía céltiga (1951), de Julius Pokorny, que realizaron  Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega. O texto de Carvalho levaba por título “Celtas e románs cantan en galego” e viu a luz, cando menos, no número 466 (ano 1952) das páxinas de Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires. Velaquí o modesto recoñecemento do Caderno da crítica ao polígrafo ferrolán.

Advertisements

Páxinas

Categorías

Arquivo

%d bloggers like this: